Hackatón | Laboratorio transmedia "A Coruña Rebelde"

Co material publicado no repositorio que fagamos no Arquivatón "A Coruña rebelde" imos facer un taller de realidade aumentada co obxectivo de crear un prototipo de aplicación para móbiles e tablets coa que se poida acceder aos materiais de forma xeolocalizada, relacionando cada arquivo co espazos reais a través da cámara do móbil. De forma complementaria, faremos unha versión en formato webdoc cun mapa interactivo que comparta os mesmos materiais e contidos, mais cun deseño de interface diferente.

ESTRUTURA
Sesión introdutoria á realidade aumentada. En que consiste, exemplos e casos aplicados á recuperación da memoria das cidades.

Sesión práctica: como facer unha aplicación de realidade aumentada. Ferramentas e metodoloxía para facer un prototipo.

Mans á obra. Mapear os arquivos, escribir guión, deseño gráfico e de interface, edición de contidos e programación da aplicación.

MENTORES
Toño Cabanelas, de Bermudas.land. Enxeñeiro audiovisual con experiencia na creación de audiovisual para realidade virtual, realidade aumentada e realidade mixta, e Berto Yáñez, desenvolvedor web especializado en interactividade.

PERFIL DOS PARTICIPANTES
Persoas que se dediquen ao deseño, creación de contido dixital, ilustración, fotografía, realización, documentalismo, programación...

Actividade gratuíta. 20 prazas dispoñibles. O criterio de selección será a orde de inscrición e tamén a diversidade de perfís para facer equipos multidisciplinares.

http://corunadixital.gal/evento/a-coruna-rebelde-hackaton/
Read more